Twitter Facebook

Aurora


ANO : 2013 PÚBLICO : +3

AURORA é un espectáculo musical para todos os públicos a partir dos 3 anos. Esta creación mestura teatro de actor e videocreación co desexo de afondar a experimentación do Elefante Elegante arredor das linguaxes visuais. A música conecta a acción no escenario coa acción proxectada en video creando un universo máxico, cómico e misterioso.
AURORA é a historia do encontro dun Aviador coa Raiña das Curuxas, a quen, coma a todas as curuxas, lle gusta máis a noite que o día. Ao solpor, cando escurece, séntese mellor que nunca. Voa dun lado para outro, axita as ás e asubía como o vento. Pero ao mencer, énchese de tristura. O sol queima a súa pel e cega os seus ollos. O Aviador vai tentalo todo para axudar á Raiña das Curuxas, pero será posible vivir nun mundo sen sol?

Aurora

Ficha artística


TITULO
AURORA

Tipo de creación
Teatro, Videocreación

Autor
María Torres e Gonçalo Guerreiro

Dirección
María Torres e Gonçalo Guerreiro

Dirección de Movemento
Fredi Muíño

Actores
María Torres e Gonçalo Guerreiro

Música
Mano Panforreteiro

Espazo escénico
Elefante Elegante

Vestiario
Marcia Edleditsch 

Maquillaxe
Elefante Elegante

Deseño de luces
Dani Pais

Son
Dani Pais

Máscara
María Torres
 
Videocreación
Dani Pais