Twitter Facebook

Iliria


ANO : 2008 PÚBLICO : +12

ILIRIA é unha comedia de enredo creada a partir da peza “Noite de Reis” de W. Shakespeare. 

O texto fusiónase co movemento, coa música e coa acrobacia en tecido aéreo creando un fondo plástico e poético onde se desenvolve a trama cómica da peza. 

ILIRIA fala da identidade do home e da muller, questionando o que somos e o que parecemos. Os personaxes perdense nunha tea de cambios de personalidade que os leva a poñer en causa a su própia identidade. ILIRIA trata da facilidade coa que amamos e deixamos de amar.
Na illa de Iliria o Duque Orsino morre de amores por Olivia, pero a pesar das románticas cancións portuguesas que lle adica, o seu amor non é correspondido. Ao mesmo tempo, dous irmáns xemelgos, Violeta e Sebastián, naufragan na costa de Iliria. Violeta vese obrigada a disfrazarse de home coas roupas do irmán para poder sobrevivir nun país estranxeiro. Pero Sebastián tamén se salvou, e sen saber

Iliria

Ficha artística


Título
Iliria

Tipo de creación
Teatro, Danza

Autor
Shakespeare

Dirección
Fabiana Gastaldello, Fredi Muíño, Gonçalo Guerreiro, María Torres

Dramaturxia
Fabiana Gastaldello, Gonçalo Guerreiro
Actores-bailaríns
Fredi Muíño, Gonçalo Guerreiro, María Torres, Iria Pinheiro

Música
varios autores

Espazo escénico
Elefante Elegante

Vestiario
María Chenut
Maquillaxe
Elefante Elegante

Deseño de luces
Germán Gundín

Son
Germán Gundín