Twitter Facebook

Kassa


ANO : 2014 PÚBLICO : +12

KASSA reflexa a temática da vivenda. No inicio da acción a sociedade é seductora, próspera e optimista. A casa, coma un agasallo envolto en papel colorido, representa a realización do soño, da unión e da felicidade familiar. Pero un día esgótanse os recursos económicos colectivos e a família deixa de poder pagar as prestacións do seu soño. Que sorpresas lles reservará o futuro?

KASSA é un espectáculo de teatro visual, inspirado en “La Metamorfosis” de Franz Kafka, que se desenvolve ao redor dos principios da escultura. A estructura escenográfica, os actores, os bailaríns e as videoproxeccións constituen un organismo vivo en constante movemento e transformación que comunica a través dos sons, dos obxectos, das cores, das formas, das luces e dos textos.
Técnicas como o Video-mapping, a capacidade de xiro da estructura escenográfica e o uso do “live cinema” dotan a KASSA dun dinamismo especial moi estimulante que envolve o espectador na emoción da acción.

Kassa

Ficha artística


Tipo de creación
Teatro, Danza e Video

Autor
María Torres e Gonçalo Guerreiro (inspirado en “A Metamorfose” de Franz Kafka)

Dirección
María Torres e Gonçalo Guerreiro

Dramaturxia
María Torres e Gonçalo Guerreiro

Interpretación
Alfredo Muiño, Gonçalo Guerreiro, María Torres, Marta Alonso Tejada, Javier Pérez Piñón

Dirección de Movemento
Fredi Muíño

Escenografía
Carolo Losada Soto

Carpintería de escena
Javier Pérez Piñón

Música
Mano Panforreteiro, Mónica de Nut, Suso Alonso, Iria Pinheiro, Juanma Ons, Manuel Ares, Kibitka, Carlos Suárez, Dani Pais, Gonçalo Guerreiro

Coreografias 
Ánxela Blanco

Vestiario
Marcia Edletitsch

Atrezo
Elefante Elegante

Maquillaxe
Elefante Elegante

Iluminación
Dani Pais

Son
Dani Pais

Video creación
Dani Pais

Deseño de interior
Susana Castro