Twitter Facebook

O Aviador


ANO : 2012 PÚBLICO : +3

O Aviador é un contacontos destinado ao público infantil a partir dos 3 anos. A narración oral é acompañada pola manipulación de obxectos, as sombras chinesas, a marioneta de luva, a música, a xestualidade e a plasticidade do dipositivo escénico, creando un universo cómico, interactivo e poético onde se desenvolve a obra.
É a historia do encontro dun aviador cun Moucho, que coma tódolos mouchos prefire a noite que ao día. Cando escurece, síntese mellor que nunca. Voa de un lado para o outro, axita as ás e asubía como o vento. Pero ao mencer, énchese de tristura. Sentado na punta dunha pola, pensa en como sería marabilloso que a noite nunca rematase. Por que sae o sol? Por qué a calma e a escuridade teñen que desaparecer para darlle lugar ao día? O Aviador vai tentalo todo para axudar ao Moucho, pero será posible vivir nun mundo sen sol?

O Aviador

Ficha artística


Tipo de creación
Teatro Pequeno Formato

Autor
María Torres e Gonçalo Guerreiro

Dirección
María Torres e Gonçalo Guerreiro

Actor
Gonçalo Guerreiro
Música
Varios autores

Escenografía
Gonçalo Guerreiro

Vestiario e atrezo
María Chenut
Maquillaxe
Elefante Elegante

Son
Dani Pais

Marioneta
Luís Pernas