Twitter Facebook

O forno


ANO : 2008 PÚBLICO : +5

O FORNO é un espectáculo musical de Commedia dell'Arte sobre a sociedade de consumo contemporanea destinado a todos os públicos a partir dos 8 anos.

O FORNO convida a reflexionar sobre a forma como estamos vivindo en sociedade, sobre  a forma como estamos empregando os recursos naturais e o destino que lles reservamos neste inicio do século XXI.

Abordamos a temática do texto a través do riso, do xesto e da música en directo, nun espectáculo inspirado na inxenuidade da Commedia dell'Arte e no burlesco brechtiano.
Na aldea de Flordelís todo é harmonía. Os habitantes do pobo reúnense ao redor do forno para amasar e cocer un gran pan que será compartido por todos. Mais un día, Madame Lisette, a comerciante, ten a idea de facer un pan só para ela... e por riba... con azucre! A reacción vai en cadea e as consequencias son catastroficamente divertidas.

Mais como nen só de pan vive o home, a historia ven aderezada con moito amor. Avelino namorisca a Rosa, a panadeira, e a outros niveis menos inocentes, o Barón non se cansa de buscar interesadamente os brazos de Madame Lisete. 

Os tempos pracenteiros e a vida comunitaria do inicio da acción aceléranse e os personaxes tornánse cada vez máis individualistas. A música belga da Valonia acompaña as súas ansias consumistas, ata un punto no que a acción avanza a unha velocidade tan vertixinosa que só quedan dúas posibilidades: parar ou rebentar. E como non para, rebenta. 


O forno

Ficha artística


Título
O Forno

Tipo de creación
Commedia dell'Arte

Autor
Dominique Bayens, Migue Camino, María Torres e Gonçalo Guerreiro

Dirección
María Torres e Gonçalo Guerreiro


Actores
Fran Lareu, Gonçalo Guerreiro, María Torres, Lucía Sanchez

Música
Alex Fente

Escenografia
Miguel Camino, Gonçalo Guerreiro

Vestiario e atrezo
María Chenut 
  

Maquillaxe
Elefante Elegante

Deseño de luces
Germán Gundín, Dani Pais

Son
Dani Pais

Máscaras
María Torres