Twitter Facebook

O Peixiño de Mariña


ANO : 2015 PÚBLICO : 0-3

"O Peixiño de Mariña" foi creado dentro do programa de dinamización lingüística "Os Axóuxeres 2015" da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

"O peixiño de Mariña" propicia o encontro de bebés de 0 a 3 anos coas artes escénicas, co vídeo mapping, coa música en directo, cos primeiros xogos, adiviñas e coas primeiras cancións.

Mariña, é nena con nome de auga. Ela é a protagonista desta historia e a que un día de praia decide que ese peixiño que pescou co seu trueiro será o mellor compañeiro de cuarto do mundo.

O seu amigo Muriel será quen convenza á nena de que libere o peixiño. Mariña, lista e valente, comprende que o seu fiel amigo ten razón, xa que o mar ofrécelle ao peixe todo o que precisa para vivir e ser feliz. Así comeza a aventura de regreso para o seu amigo mariño, pero o mar tamén esconde dificultades que os seres que o habitan atopan día tras día... e para o peixiño de Mariña non ía ser diferente.


O Peixiño de Mariña

Ficha artística


Autoría, Dramaturxia e Dirección María Torres e Gonçalo Guerreiro

Interpretación María Torres e Gonçalo Guerreiro

Composición Musical Mano Panforreteiro

Interpretación Musical Mano Panforreteiro e Dani Pais

Deseño de Iluminación e video Dani Pais

Escenografía Carolo Losada Soto

Vestiario Marcia Edleditsch