Twitter Facebook

CUBO


ANO : 2021 PÚBLICO : +4

"Urxe vivir a propósito, como só os soñadores viven!"


CUBO é unha creación destinada ao público infantil e familiar a partir dos 4 anos. O espectáculo ten orixe na abstracción da figura xeométrica do cubo e parte da situación de confinamento que todos vivimos para evocar a amizade, as separacións, a necesidade de descubrir o mundo e a aventura de medrar. C U B O é un xogo e un xoguete cheo de fantasía, humor e poesía visual.

En escena, un cubo de 2 metros de lado onde habitan dous personaxes interpretados por María Torres e Gonçalo Guerreiro.

Ela, curiosa e decidida, el, tenro e divertido. Ela, con vontade de descubrir o mundo, está preparada para ser a capitana do barco que os guíe nas súas aventuras. El, confortable na seguridade do seu cubo, resistese a abandonar os seus hábitos e mudalos por horizontes descoñecidos. Xogan, cantan, rin, pelexan e berran.

Un día, a curiosdade invade o seu cubo e deciden que queren ir máis lonxe e descubrir o mundo enteiro. Sempre conseguiron chegar a acordos ata hoxe, mais no momento de elixir o seu destino non son quen de chegar a un consenso.

Ela quere viaxar cara un lado en busca de preguntas e o el quere buscar respostas na dirección oposta. Que solución atoparán? Norte, Sur, Este ou Oeste? Xuntos ou separados?


"Apetece caer para riba ata un lugar descoñecido
sen precisarmos de mapas para subir montañas,
nin indicacións para abrir e pechar portas de castelos imaxinarios!
Como xogar a un novo xogo... e saltar á primeira paisaxe!"


CUBO

Ficha artística


Dirección artística e interpretación - María Torres y Gonçalo Guerreiro
Dirección de actores - Pablo Sánchez
Escenografía - Gonçalo Guerreiro
Estructura escenográfica - Carolo Losada
Iluminación - Nacho Martín
Vestiario e Atrezzo - Carolina Díguele
Composición musical - Manuel Fonte y Miguel Paz
Texto - Tiago Alves Costa
Deseño Gráfico - Carolina Díguele
Distribución - Lilian Portela
Produción - María Torres