ANO : 2020 PÚBLICO : +12 DURACIÓN :
DREAMING JULIET inspírase en “Romeo e Xulieta” de William Shakespeare para abordar a cuestión máis esencial da existencia humana: O Amor.
Cunha linguaxe visual asentada no teatro de movemento, na música interpretada en directo e na danza, DREAMING JULIET crea unha poética universal da paixón.
Na peza orixinal os protagonistas viven un amor prohibido e idealizado, condenado polas familias de ambos. A súa intensa relación ten unha curta duración e un funesto final. Mais imaxinemos que Romeo e Xulieta non tivesen morrido e que o principal obstáculo á súa relación non fose a oposición das súas familias senón as adversidades das rutinas do mundo contemporáneo.
Cales serían os soños de Xulieta? Como envelleceria Romeo? Que lugar nas suas vidas ficaría disponibel para o amor?
O xogo teatral baséase no traballo plástico dos intérpretes e na súa constante interacción cos elementos escenográficos. A narrativa das accións físicas varia entre a abstracción do movemento bailado e a construcción cronolóxica da trama teatral. O corpo contén en si mesmo todos os segredos e revelacións dunha posta en escena que se fundamenta na organicidade do dispositivo escénico e na dinámica pictórica da organización do espazo sonoro e literario.
Ficha artística
Creación -
Gonçalo
Guerreiro
Dirección
artística -
María
Torres e Gonçalo Guerreiro
Dirección
de actores - Pablo
Sánchez
Elenco -
María
Torres,
Gonçalo
Guerreiro, Marta
Alonso, Nacho Martín e
Miguel Paz
Escenografía -
Gonçalo
Guerreiro
Estructura
escenográfica - Carolo
Losada
Musica
orixinal - Miguel
Paz (percusións,
teclados e acordeón), Gonçalo
Guerreiro (guitarra
e voz), Nacho
Martín (contrabaixo)
Textos -
William Shakespeare,
María Torres e
Fernando Pessoa
Tradución -
María Torres
Vestiario -
Diego
Valeiras
Iluminación -
Germán
Gundín
Atrezzo
e
Deseño Gráfico - Carolina
Díguele
Distribución - Agustín
Bolaños
Produción -
María Torres