Twitter Facebook

Granito


ANO : 2008 PÚBLICO : +12

Coincidindo co centenario do nacemento de Laxeiro (1908-2008), esta creación é o resultado dun traballo experimental sobre a obra do pintor galego creada e presentada no Museo de Belas Artes da Coruña.

O espectador é convidado a acompañar aos actores, bailaríns e músicos na súa interacción cos diferentes espazos do museo onde as diferentes atmósferas creadas fan revivir o universo laxeiriano.
Lonxe dunha reproducción directa das pinturas, GRANITO procura deixar no espectador unha impresión  sensorial  que o achegue ao universo de Laxeiro. 

Partindo das cores e das texturas do pintor, GRANITO colle os seus principais temas - o entroido, as romerías, os títeres, a vida labrega, o trasmundo, a loucura, o nacemento e a morte – e presenta diferentes escenas en movemento nas que a cultura popular galega dialoga coa contemporaneidade.

Granito

Ficha artística


TITULO
GRANITO

Tipo de creación
Teatro-Danza

Autor
María Torres e Gonçalo Guerreiro

Dirección
Gonçalo Guerreiro
Actores-bailaríns
David Loira, Ivan Marcos, María Torres, Mónica Varela, Inacio Vilariño

Música
Alex Fente, Dani Melendrez, Serxio Núñez

Espazo escénico
Gonçalo Guerreiro

Vestiario e atrezo
María Chenut   

Maquillaxe
Elefante Elegante

Deseño de luces
Afonso Castro, Germán Gundín