Twitter Facebook

In


ANO : 2009 PÚBLICO : +12

A acción desenvolvese ao redor da celebración dunha voda. A actitude afectada e hipócrita dos noivos e convidados esgótase rapidamente para dar lugar a comportamentos de envexa e ciumes cun pseudo ideal de beleza como pano de fondo.
Un espectáculo sensitivo e universal que indaga a representación contemporanea da figura social. A súa poesía visual nace da fusión do teatro coa danza, o video e as artes plásticas. 
In significa dentro en inglés e to be in quere decir estar na moda. IN xurde da ambivalencia entre o ser e o parecer. O de dentro como a nosa identidade e o de fora o aspecto que podemos manipular, disfrazar e cambiar. O confronto do interior coa aparencia. Somos o que parecemos? Somos ou só parecemos?
 
A estrutura dramatúrxica do espectáculo foi creada a partir de dous elementos fundamentais: por un lado a peza teatral de Bertold Brecht “A voda dos pequenos burgueses”, e por outro os contos  populares “Brancaneves” e “O rei sapo” dos irmáns Grimm e “Os zapatos vermellos” e “A vendedora de fósforos” de Hans Christian Andersen. 

In

Ficha artística


Tipo de creación: 
Teatro, Danza e Videocreación

Autor: 
María Torres e Gonçalo Guerreiro

Dirección: 
María Torres

Dramaturxia:
Gonçalo Guerreiro

Actores-bailaríns: 
Alfredo Muíño, Ángela Blanco, Gonçalo Guerreiro, María Torres, Nuria Sotelo  
Música: 
Varios autores

Espazo escénico 
Gonçalo Guerreiro

Vestiario e atrezo: 
María Chenut

Maquillaxe: 
Elefante Elegante
Deseño de luces 
Octavio Mas

Son: 
Germán Gundín

Máscaras: 
María Torres e Monica Varela

Videocreación:
Masako Hattori