Twitter Facebook

Lobo bobo


ANO : 2013 PÚBLICO : +3

Gonçalo Guerreiro mistura os contos de sempre para crear unha nova historia na que conviven o cómico e o poético co teatro xestual e a música.
Un espectáculo interactivo, onde as marionetas cobran vida nas casas que se irán construíndo diante dos ollos dos espectadores á medida que se narran as novas aventuras dos personaxes dos clásicos infantís.
Destinado ao público infantil entre os 3 e 7 anos.
Que pasaría se o lobo da Carrapuchiña se fixese vexetariano?
Que acontecería se a Madrastra de Branca de Neve se convertise nun
dos tres Porquiños por mirarse tanto no espello máxico?
A resposta a estas e outras preguntas poderémolas descubrir no novo espectáculo para bibliotecas do Elefante Elegante. 

Lobo bobo

Ficha artística


TITULO
LOBO BOBO

Tipo de creación
Teatro

Autor
María Torres e Gonçalo Guerreiro

Dirección
María Torres e Gonçalo Guerreiro

Interpretación
Gonçalo Guerreiro

Escenografía
Gonçalo Guerreiro

Vestiario
Marcia Edleditsch

Son
Dani Pais