Twitter Facebook

Patapatúm


ANO : 2018 PÚBLICO : +3

Premio María Casares Mellor Espectáculo Infantil 2019

PATAPATÚM é un espectáculo de teatro visual sen palabras destinado a público infantil e familiar desde os 4 anos. A música dixieland, as máscaras e a fisicalidade dos personaxes proporcionan un universo cómico que viaxa do realismo á hipérbole da nosa vida diaria.
PATAPATUM é a nosa reflexión sobre o tempo, a infancia e como enchemos os baleiros das nosas ausencias.

SORPRESA! E unha máis! E moitas máis! ¡Unha montaña de agasallos!
Grandes, pequenos, pesados, leves, azuis, verdes, laranxas, cadrados e redondos! Agasallos de todas formas e tamaños, pero sempre divertidos e abraiantes.
Os neno emocionado non da feito no medio de tantos xoguetes. Os adultos, ligados á espiral de tempo, cheos de compromisos e obrigas, non son quen de atopar un momento no seu apertado horario para compartir a fantasía co pequeno.


Patapatúm

Ficha artística


Creación e posta en escena - María Torres e Gonçalo Guerreiro
Dirección de actores - Pablo Sánchez
Dramaturxia - María Torres, Gonçalo Guerreiro e Pablo Sánchez
Interpretación - Agustín Bolaños, Gonçalo Guerreiro e María Torres
Espazo escénico e atrezo - Alessia Lombardo

Deseño de vestiario - Beatriz Clara
Máscaras - Izumi Akabashi
Maquillaxe - Maëlys Feraud
Música - Gueorgui Oganesian, Alberto Grela e Miguel Paz
Dirección musical - Gueorgui Oganesian
Colaboración musical - Vanessa Rivas
Iluminación - Nacho Martín
Deseño gráfico - Alba Farto
Dosier artístico - Carolina Díguele
Produción e distribución - Agustín Bolaños