Twitter Facebook

Tristán cara de can


ANO : 2007 PÚBLICO : +3

TRISTAN é un espectáculo visual dirixido ao público infantil dos 3 aos 12 anos. É unha comedia xestual interpretada ao estilo dos debuxos animados onde as palabras se transforman en xestos. Os personaxes falan unha lingua inventada que é inmediatamente descifrada polo público e a música acompaña o ritmo dinámico da acción.

Os temas da soidade, do abandono e da tristeza son tratados dende unha perspectiva cómica e inxenua de xeito a interpelar aos máis pequenos.  
O espectáculo conta a historia de Tristán. Un día, de tan triste que estaba decidiu arrancar o seu corazón para nunca máis sofrer e deullo a un páxaro que pasaba por alí. Mais as cousas non lle sairon como el esperaba. Tristán non deixou de sofrer, e o que foi peor, nunca máis un sorriso, por pequeno que fose, se debuxou nos seus beizos. A partir daquel día pasaron a chamarlle Tristán cara de can. Pero a historia non remata asi... Dentro dunha misteriosa caixa aparece unha boneca de trapo que vai tentalo todo para facer rir ao noso personaxe. Será ela capaz?

Tristán cara de can

Ficha artística


Título: 
Tristan

Tipo de creación: 
Teatro Xestual

Autor: 
María Torres e Gonçalo Guerreiro

Dirección: 
María Torres e Gonçalo Guerreiro

Dramaturxia: 
María Torres e Gonçalo Guerreiro
Actores: 
María Torres e Gonçalo Guerreiro

Música: 
varios autores

Espazo escénico: 
Caroline de Chaunac

Vestiario e atrezo: 
 Elefante Elegante 

Maquillaxe: 
Elefante Elegante
Deseño de luces: 
Germán Gundín

Son: 
Germán Gundín

Marioneta: 
Tabo Ayala