Twitter Facebook

Tropical


ANO : 2017 PÚBLICO : +12

TROPICAL é un espectáculo sensitivo, universal e evocador que mergulla no universo da viaxe e na súa vasta riqueza de matices e dimensións.

Un navío habitado por viaxeiros con destinos entretecidos. Turistas, migrantes, músicos e refuxiados custodiados por unha vixiante e dilixente tripulación. Do norte ao sur nun cruceiro sedutor e do sur ao norte fuxindo da fame e dos cascallos.

Desde a ironía e o absurdo, TROPICAL reflicte situacións que se están a producir non moi lonxe do noso recuncho de calma e tranquilidade. Na terra, paisaxes de guerras e muros. No mar, infinitas historias, desexos e soños que se cruzan. Ao ritmo das ondas, este barco invita a subir a bordo para navegar o presente cunha nova mirada.

Cunha linguaxe visual asentada na imaxe, no movemento, na música e na danza, TROPICAL é a procura da poética da viaxe desde unha Europa que naufraga no Mediterráneo.


Tropical

Ficha artística


Autoría, Dramaturxia e Dirección María Torres e Gonçalo Guerreiro



Asesoramento Antropolóxico Carlos Diz

Interpretación Ánxela Blanco, Fredi Muíño, Marta Alonso Tejada, Gonçalo Guerreiro e María Torres

Espazo escénico María Torres e Gonçalo Guerreiro

Vestiario Beatriz Clara

Música Gonçalo Guerreiro, Antonio Romero, Rosalía Vázquez, Richi Casás, Iago Blanco, Kibitka, Juanma Ons e Manuel Ares

Textos María Torres e Carlos Diz

Deseño de Iluminación e Sonoplastia Dani Pais

Atrezo Anahí Taraburelli

Técnico de escena Javier Pérez Piñón

Deseño gráfico Alba Farto

Distribución Agustín Bolaños