OBRADOIROS

Teatro do Movemento

Dende o Elefante Elegante enfocamos a interpretación a partires da teatralidade do movemento. Propoñemos unha formación que convida a explorar xestos, actitudes e movementos que a vida cotidiana non nos permite realizar. A través do xogo, o Teatro do Movemento desenvolve a espontaneidade corporal, o instinto e a percepción.

O Teatro do Movemento pemite ao actor abordar a interpretación teatral de forma progresiva, alimentando constantemente a dimensión técnica das linguaxes coa riqueza dos estados dramáticos.



O primeiro nivél

O traballo de expresión
O primeiro nivél do traballo de expresión é levar o corpo a integrarse no espazo e a reencontrar a súa plasticidade. Trátase dun recoñecemento do corpo con el mesmo no seu dinamismo e na súa riqueza de movementos.

O segundo nivél

A identificación
O segundo nivél refírese á identificación. O corpo humano é capaz de imitar absolutamente todo o que existe na natureza. Por “imitar” entendase “transformarse en”, “ser”. De tal forma que o espectador, a través da suxestión do actor, non vexa o seu corpo, senón a auga, o vento, unha fraga ou unha montaña. O corpo humano en movemento é mesmo capaz de chegar a suxerir un son, unha cor ou unha materia.

A práctica do Teatro do Movemento aplícase despois a diferentes estilos

Pantomima Branca

+

Debuxo Animado

+

Melomimo

+

Cinema Mudo

+

Commedia dell’Arte

+

Bufón

+

Traxedia

+