CORALINDA
O espectáculo CORALINDA, a nova proposta infantil e familiar de Elefante Elegante. Dirixida a público a partir dos 3 anos, CORALINDA aborda a inmigración e o medo ao diferente a través do humor, a emoción e unha potente linguaxe visual inspirada no universo dos debuxos animados. A peza constrúe unha comedia xestual sen palabras, accesible e universal, que convida a reflexionar sobre as experiencias que viven as persoas que viaxan lonxe da súa terra en busca de mellores condicións de vida e que, por cuestións de raza, xénero ou clase social, sofren comportamentos discriminatorios.
A través do teatro físico, o xogo escénico e a poesía visual, o espectáculo crea un universo sensible e imaxinativo no que a diferenza se transforma nun encontro, nun convite a construír espazos onde caiban máis cores e máis persoas.