A FAMILIA DO ANTICUARIO é unha comedia satírica que fusiona o teatro físico, a danza e a manipulación de obxectos.
O texto do dramarurgo italiano Carlo Goldoni (1707-1793) conta a historia do conde Anselmo que leva a sua familia á ruina debido ao exacerbado interese que ten en adquirir e coleccionar antigüidades.
O espectáculo garda as características populares da Commedia dell’Arte italiana, pero presenta unha reflexión sobre os modelos familiares tradicionais e propón unha revisión contemporanea desde a perspectiva de xénero do texto clásico orixinal.