Premios María Casares 2021:
Mellor espectáculo
Mellor adaptación Fernando Dacosta e Gonçalo Guerreiro
Mellor actor secundario Fran Lareu
Mellor director Gonçalo Guerreiro
A través da entrañable relación que manteñen o mestre don Gregorio e o neno Pardal, vaise descubrindo a historia da fascinación infantil do protagonista ante o descoñecido e do sufrimento que provoca a represión das liberdades humanas.
O proceso de aprendizaxe que emprende o rapaz da man do mestre da escola (unha figura que simboliza a liberdade que xera o coñecemento) é testemuña tamén da traxedia que supón vivir con medo e do cru impacto que xera o estalido dunha guerra civil.
O espectáculo conxuga as historias de dous dos escritos de Manuel Rivas (A lingua das bolboretas e A traxectoria do balón) co propósito de que a mensaxe chegue nítida ao tempo que xoga coas imaxes e coa poética visual contida nos relatos do autor.