ALTA COSTURA

Un espectáculo cómico,  irónico e poético sobre a moda e a súa estreita relación co consumo, o recoñecemento social, a contaminación, a saúde e as condicións laborais.

ALTA COSTURA retrata o percorrido da produción da roupa dende a orixe da materia prima empregada na fabricación dos tecidos ata a confección das pezas, a súa distribución e a perversidade dos mecanismos de reciclaxe.

O espectáculo dá especial relevancia aos mecanismos de venda, ao espazo sensorial da tenda e á relación contemporánea que o gran público mantén co acto de mercar e  tirar roupa. ALTA COSTURA detense detalladamente na “fast-fashion”: o momento da compra, a filosofía de mercado empregada polas principais marcas e pola rapidez con que os produtos se desvalorizan, caen en desuso e se transforman en residuos abundantes e altamente contaminantes.

ALTA COSTURA é unha creación de teatro visual. A estrutura escénica, as actrices, os actores, as bailarinas, os bailaríns e a música constitúen un organismo vivo en constante movemento e transformación que comunica a través dos sons, dos obxectos, das cores, das formas, dos movementos e das palabras.

Creación María Torres e Gonçalo Guerreiro Texto Tiago Alves Costa Dirección de escena e escenografía Gonçalo Guerreiro Interpretación María Torres, Pablo Sánchez, Sofía Espiñeira e Raquel Crespo Produción de arte, Vestiario e Deseño gráfico Carolina Díguele Composición musical Manuel Fonte / Varios autores Iluminación Laura R. Duarte  Fotografía Vanessa Rábade Produción Xurxo Prieto e Laura R. Duarte                       

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacenase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes y útiles.