Calçada da Memoria

CALÇADA DA MEMORIA é un espectáculo-instalación sobre a casa. A casa como evocación do interior e do exterior, do espazo íntimo e do público. Refuxio ou prisión, a casa é o noso primeiro universo. Xurde para dar abrigo, para estructurar, para organizar o caos e permitir a comunicación. A primeira casa. Non ter casa. Saír de casa. Voltar a casa. A casa como país, cultura ou familia.

CALÇADA DA MEMORIA evoca a casa e as súas estancias, os seus mobles, a súa luz, o seu recendo e o seu son. Actores, público e escenografía partillan o mesmo espazo. Unha casa que pretente estimular os sentidos a través da interacción cos espazos, obxectos e habitantes. De espectadores a visitantes, de convidados a habitantes. Para sentirse en casa.

Creado e interpretado por Lucía García, María Torres e Gonçalo Guerreiro