IKIGAI

+ 0 anos

Premio do público Festaclown 2020

Un espectáculo sobre a superación persoal e o sentido da vida. Teatro físico, acrobacias aéreas e bel canto en clave de clown. Unha parábola optimista e evocadora sobre a alegría onde calquera “catástrofe” que vivamos pode transformarse na chave para chegar máis a fondo no corazón.

A vida non sempre é como a planeamos. Unha visita inesperada irrompe na tranquila vida de Molki. Logo do abraio inicial, arranca unha intensa xornada chea de retos, conflitos, descubrimentos e superacións.

Creación Compañía SU.MA (Sue Moreno e María Move) Dirección escénica e xestual Gonçalo Guerreiro Dirección artística, musical e coreográfica Sue Moreno e María Move Interpretación Sue Moreno e María Move Música orixinal María Move e Raúl Grillo Fotografía e vídeo Andrés Nadal Vestuario e atrezzo SU.MA, Mark Torrecillas e Rosana “Fenosita” (saia paraugas) Estrutura aérea (homologada) Mapinor S.L.
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacenase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes y útiles.