O Forno

+8

O FORNO é un espectáculo musical de Commedia dell’Arte sobre a sociedade de consumo contemporanea. O FORNO convida a reflexionar sobre a forma como estamos vivindo en sociedade, como estamos empregando os recursos naturais e o destino que lles reservamos neste inicio do século XXI. Abordamos a temática do texto a través do riso, do xesto e da música en directo, nun espectáculo inspirado na inxenuidade da Commedia dell’Arte e no burlesco brechtiano.

Na aldea de Flordelís todo é harmonía. Os habitantes do pobo reúnense ao redor do forno para amasar e cocer un gran pan que será compartido por todos. Mais un día, Madame Lisette, a comerciante, ten a idea de facer un pan só para ela… e por riba con azucre! A reacción vai en cadea e as consequencias son catastroficamente divertidas. Mais como nen só de pan vive o home, a historia ven aderezada con moito amor. Avelino namorisca a Rosa, a panadeira e a outros niveis menos inocentes, o Barón non se cansa de buscar interesadamente os brazos de Madame Lisete. Os tempos pracenteiros e a vida comunitaria do inicio da acción aceléranse e os personaxes tornánse cada vez máis individualistas. A música belga da Valonia acompaña as súas ansias consumistas, ata un punto no que a acción avanza a unha velocidade tan vertixinosa que só quedan dúas posibilidades: parar ou rebentar.

Autores Dominique Bayens, Miguel Camino, María Torres e Gonçalo Guerreiro Dirección María Torres e Gonçalo Guerreiro Creación e Interpretación Pablo Sánchez / Fran Lareu, Gonçalo Guerreiro, María Torres, Mónica Varela /Lucía Sánchez Música Alex Fente Escenografía Miguel Camino e Gonçalo Guerreiro Vestiario e atrezo María Chenut Iluminación Germán Gundín / Dani Pais Son Dani Pais Máscaras María Torres