Patapatum

+3

 

Premio María Casares mellor espectáculo Infantil 2019

 

Sorpresa! E outra máis! E moitas máis! Unha montaña de agasallos! Grandes, pequenos, lixeiros, pesados, azuis, verdes, laranxas, cadrados e redondos! Agasallos de tódalas formas e mesuras, pero sempre divertidos. Os máis pequenos emocionados non dan feito entre tanto xoguete. Pero os maiores, atados pola espiral do tempo con compromisos e obrigas, non son quen de facer un oco na súa apretada axenda para compartir a fantasía cos máis pequenos.

 

PATAPATÚM é a nosa reflexión sobre o tempo, a crianza e como enchemos os baleiros das nosas ausencias. Cunha banda sonora inspirada na musica dixieland, a máscara e o xogo físico propician un universo cómico que viaxa desde o realismo ata a hipérbole da nosa vida cotidiana. PATAPATÚM é un espectáculo de teatro visual sen palabras.

Creación e Dirección María Torres e Gonçalo Guerreiro Dirección de actores Pablo Sánchez Dramaturxia María Torres, Gonçalo Guerreiro e Pablo Sánchez Elenco Gonçalo Guerreiro, Lucía Sá e María Torres Máscaras María Torres Espazo escénico Gonçalo Guerreiro Vestiario  Beatriz Clara Música Gueorgui Oganesian, Alberto Grela e Miguel Paz Colaboración Musical Vanessa Rivas Iluminación Nacho Martín Deseño Gráfico Alba Farto