REVOLUTION (título provisório) é o título definitivo dun espectáculo que agrupa catro compañías portuguesas en coprodución, tres de teatro e unha de música. Un elenco de 16 artistas en escena que se une para pensar e traballar sobre o estado do sistema democrático contemporáneo.
Partindo da celebración dos 50 anos da revolución portuguesa do 25 de abril, pensamos un espectáculo / celebración que poda reflexionar sobre a necesidade de mudar o exercicio das democracias actuais que, nun mundo acelerado e regulado por ciclos políticos descomprometidos coas reformas estruturantes, inhiben a idea de futuro. Que revolucións podemos soñar para un tempo pospandémico, de posguerra e de desafios e loitas globais?