Schmetterlinge

SCMETTERLINGE foi creado a partir da novela “Os bicos feridos” de Anna R. Figueiredo e levado a escena a convite do Gostner Hoftheater de Nuremberg (Alemaña).

Olivia naceu en Alemaña filla de pais galegos emigrados, pero vive en Galiza desde os 8 anos onde medrou e concluiu a carreira de Bioloxia. Aos 25 anos regresa ao país onde naceu. Traballa como empregada de limpeza na casa e no laboratorio de Lisa, unha médica forense. Un día, Olivia coñece Samuel, fillo de Emma, unha actriz e cantora que non é quen de ter unha carreira artística sólida.

Samuel suicídase e Lisa é a médica encargada de facer a autopsia. Nese intre, do corpo de Samuel xurden centenas de bolboretas laranxas. Lisa tenta gardar o segredo con Olivia, pero a súa curiosidade lévaa a investigar o misterioso e incomprensible episodio. Emma comparte nas redes sociais a morte do fillo e os videos que publica vólvense virais. Grazas a iso recibe unha proposta para interpretar unha serie auto-biográfica sobre a súa traxedia e transfórmase nunha actriz de enorme éxito.

Produción Gostner Hoftheater Texto Anna R. Figueiredo Concepto, Adaptación, Dirección, Escenografía e Vestiario Gonçalo Guerreiro e María Torres Tradución ao Alemán e Dramaturxia Christine Hass Elenco Johanna Steinhauser, Andrea Hintermaier, Burak Uzun e Christin Wehner Produción de arte Jörg Zysik Iluminación Felix Bogner e Gonçalo Guerreiro Asistente de Dirección Robin Braun Equipo técnico Felix Bogner, Roxan Vallee e Julian Wiech Fotografía Ali Al-Zubaidi