Tristan

+3

TRISTAN é unha comedia xestual interpretada ao estilo dos debuxos animados onde as palabras se transforman en xestos. Os personaxes falan unha lingua inventada que é inmediatamente descifrada polo público e a música acompaña o ritmo dinámico da acción.

Os temas da soidade, do abandono e da tristura son tratados dende unha perspectiva cómica e inxenua de xeito a interpelar aos máis pequenos.

O espectáculo conta a historia de Tristán. Un día, de tan triste que estaba decidiu arrancar o seu corazón para nunca máis sofrer e deullo a un paxaro que pasaba por alí. Mais as cousas non lle sairon como el esperaba. Tristán non deixou de sofrer, e o que foi peor, nunca máis un sorriso, por pequeno que fose, se debuxou nos seus beizos. A partir daquel día pasaron a chamarlle Tristán cara de can. Pero a historia non remata asi… Dentro dunha misteriosa caixa aparece unha boneca de trapo que vai tentalo todo para facer rir ao noso personaxe. Será ela capaz?

Creación, dirección e interpretación María Torres e Gonçalo Guerreiro Escenografía Caroline de Chaunac Iluminación Germán Gundín Marioneta Tabo Ayala