Un momento precioso

UN MOMENTO PRECIOSO evoca o imaxinario simbólico do xardín asociado á representación onírica do planeta terra como lugar de refuxio, descanso, pracer, armonía e equilíbrio. Cando xurde nos soños, o xardín simboliza a prosperidade, a paz e a liberdade, pero UN MOMENTO PRECIOSO transita entre o soño e o pesadelo, o paraiso e o inferno, a luz e a sombra. O mundo está ardendo, da Amazonia á California, de Australia ao Ártico siberiano. A nós tócanos escoller: quedamos observando o mundo ardendo ou optamos por facer o necesario para conseguir un futuro diferente? A decisión é simultaneamente simple e complexa, pero sobretodo é urxente. Esta pode ser a hora final da nosa civilización, pero tamén o noso momento máis precioso. É posible resolver a emerxencia climática, pero hai que axir de inmediato e de xeito radical. UN MOMENTO PRECIOSO é un espectáculo de teatro de movemento interpretado por un grupo de 6 intérpretes que transitan entre o teatro, a danza e a acrobacia. A través da relación da música co movemento e a interacción cos elementos da escenografía, revélanse tódolos segredos dunha posta en escena que se fundamenta na dinámica plástica da narrativa teatral.

Creación María Torres e Gonçalo Guerreiro Dirección de escena e escenografía Gonçalo Guerreiro Interpretación María Torres, Pablo Sánchez, Sofía Espiñeira, Julia Laport, Mario Rodríguez e Eloi García Colaboración en escena Lucía Sá Vestiario e Producción de arte Carolina Díguele Composición musical Manuel Fonte Iluminación Nacho Martín Estructura escenográfica Carolo Losada Deseño gráfico Carolina Díguele Fotografía Vanessa Rábade

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacenase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes y útiles.