María Torres

María Torres é actriz e directora artística do Elefante Elegante Teatro onde creou, interpretou e dirixiu con Gonçalo Guerreiro preto de trinta espectáculos ata o presente. Licenciouse en Ciencias Empresariais na Universidade da Coruña ao mesmo tempo que iniciou a súa carreira teatral. Traballou como actriz en diferentes grupos de teatro universitario, integrando tamén as compañías Catrabucha Teatro, Teatro da Bufarda, Librescena Teatro, Espello Concavo, Trinke Trinke e Teatro do Alacrán. Creou e dirixiu diferentes espectáculos para as compañías Traspediante (Galicia), Trigo Limpo Teatro Acert (Portugal) e Centro Dramático Galego. Obtivo unha bolsa para realizar o primeiro post-grado en Arte Dramática organizado pola Universidade de Santiago de Compostela. A experiencicia nas aulas do director do Teatro Nacional de Toulouse Jacques Nichet e da actriz e directora francesa Claude Buschvald transformaron fondamente a súa visión do teatro. Iniciou unha viaxe por Europa que durou seis anos e que a levou a coñecer importantes mestres: estudou Commedia dell’Arte con Antonio Fava en Italia e Teatro Antropolóxico con Eugenio Barba en Sevilla e Polonia. Como bolseira da Deputación da Coruña diplomouse na Ècole Lassaad, en Bruxelas, que segue a pedagoxía de Jacques Lecoq do estudo do movemento.
Elefante Elegante
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.