Gonçalo Guerreiro

María Torres


María Torres é actriz e directora artística do Elefante Elegante Teatro onde creou, interpretou e dirixiu con Gonçalo Guerreiro preto de trinta espectáculos ata o presente.

Licenciouse en Ciencias Empresariais na Universidade da Coruña ao mesmo tempo que iniciou a súa carreira teatral. Traballou como actriz en diferentes grupos de teatro universitario, integrando tamén as compañías Catrabucha Teatro, Teatro da Bufarda, Librescena Teatro, Espello Concavo, Trinke Trinke e Teatro do Alacrán. Creou e dirixiu diferentes espectáculos para as compañías Traspediante (Galicia), Trigo Limpo Teatro Acert (Portugal) e Centro Dramático Galego.

Obtivo unha bolsa para realizar o primeiro post-grado en Arte Dramática organizado pola Universidade de Santiago de Compostela. A experiencicia nas aulas do director do Teatro Nacional de Toulouse Jacques Nichet e da actriz e directora francesa Claude Buschvald transformaron fondamente a súa visión do teatro. Iniciou unha viaxe por Europa que durou seis anos e que a levou a coñecer importantes mestres: estudou Commedia dell’Arte con Antonio Fava en Italia e Teatro Antropolóxico con Eugenio Barba en Sevilla e Polonia.

Como bolseira da Deputación da Coruña diplomouse na Ècole Lassaad, en Bruxelas, que segue a pedagoxía de Jacques Lecoq do estudo do movemento.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacenase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes y útiles.