Alma de Tigre

ALMA DE TIGRE é unha ensoñación revelada a partir da historia real de tres irmáns. A memoria, os afectos, a herdanza e o futuro dan corpo á nova creación orixinal do Elefante Elegante que aborda a temática das relacións familiares.

Alma de Tigre evoca a historia dunha familia encerrada nunha casa estartalada a través de cuxas fendas se van filtrando os segredos do pasado e dunha herdanza envelenada. Os personaxes revélanse contra un mundo do que xa non poden fuxir. Unha nai autoritaria e controladora. Un pai débil e sen coraxe que deixou aos seus fillos nunha situación de desamparo. Á morte da nai, o fillo e as dúas fillas reencóntranse na casa familiar para decidir a súa venda e qué facer coa herdanza. Mais a casa resístese a deixalos marchar.

A través da relación da música co movemento e a interacción cos elementos da escenografía, vanse revelando tódolos segredos dunha posta en escena que se fundamenta na dinámica plástica da narrativa teatral. O absurdo, o ridículo e o poderoso efecto cómico das situacións creadas agochan o fondo tráxico que a realidade humana transporta en si mesma.

ALMA DE TIGRE transita entre as artes visuais, a danza e o cinema mudo. O espectáculo materialízase en forma de pintura viva inspirada en autores tan diversos como Gustav Klimt, Sandro Botticelli ou Caravaggio.

ALMA DE TIGRE crea repetidos momentos de fantasía e ilusión contrapesados coa súa deriva grotesca, partindo do principio de que a vida é un soño que pode facilmente transformarse en pesadelo.

Creación, Escenografía y Dirección de escena Gonçalo Guerreiro Dirección Artística María Torres y Gonçalo Guerreiro Elenco Julia Laport, María Torres, Pablo Sánchez y Mario Rodríguez Producción Artística y Diseño Gráfico Carolina Díguele Diseño de Iluminación Nacho Martin Vestuario Diego Valeiras Sonido Manuel Fonte Coreografías Sabela Domínguez, Gonçalo Guerreiro y Julia Laport

Elefante Elegante
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.