ALTA COSTURA

Un espectáculo cómico,  irónico e poético sobre a moda e a súa estreita relación co consumo, o recoñecemento social, a contaminación, a saúde e as condicións laborais. 

ALTA COSTURA retrata o percorrido da produción da roupa dende a orixe da materia prima empregada na fabricación dos tecidos ata a confección das pezas, a súa distribución e a perversidade dos mecanismos de reciclaxe.

O espectáculo dá especial relevancia aos mecanismos de venda, ao espazo sensorial da tenda e á relación contemporánea que o gran público mantén co acto de mercar e  tirar roupa. ALTA COSTURA detense detalladamente na “fast-fashion”: o momento da compra, a filosofía de mercado empregada polas principais marcas e pola rapidez con que os produtos se desvalorizan, caen en desuso e se transforman en residuos abundantes e altamente contaminantes.

ALTA COSTURA é unha creación de teatro visual. A estrutura escénica, as actrices, os actores, as bailarinas, os bailaríns e a música constitúen un organismo vivo en constante movemento e transformación que comunica a través dos sons, dos obxectos, das cores, das formas, dos movementos e das palabras.

Creación María Torres y Gonçalo Guerreiro Texto Tiago Alves Costa Dirección de escena y escenografía Gonçalo Guerreiro Interpretación María Torres, Pablo Sánchez, Sofía Espiñeira y Raquel Crespo Producción de arte, Vestuario y Diseño gráfico Carolina Díguele Composición musical Manuel Fonte / Varios autores Iluminación Laura R. Duarte Fotografía Vanessa Rábade Producción Xurxo Prieto y Laura R. Duarte 

Elefante Elegante
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.