AURORA
+3 años
AURORA é un espectáculo musical que mestura teatro de actor e videocreación co desexo de afondar a experimentación do Elefante Elegante arredor das linguaxes visuais. A música conecta a acción no escenario coa acción proxectada en video creando un universo máxico, cómico e misterioso.
AURORA é a historia do encontro dun Aviador coa Raiña das Curuxas, a quen, coma a todas as curuxas, lle gusta máis a noite que o día. Ao solpor, cando escurece, séntese mellor que nunca. Voa dun lado para outro, axita as ás e asubía como o vento. Pero ao mencer, énchese de tristura. O sol queima a súa pel e cega os seus ollos. O Aviador vai tentalo todo para axudar á Raiña das Curuxas, pero será posible vivir nun mundo sen sol?
Autoría, Dirección y Interpretación María Torres y Gonçalo Guerreiro Iluminación y videocreación Dani Pais Dirección de Movimiento Alfredo Muíño Música Mano Panforreteiro Vestuario Marcia Edleditsch Máscara María Torres Diseño gráfico Dani Pais