CUBO

+ 4 años

Apetéceme caer para riba ata un lugar descoñecido sen precisar de mapas para subir montañas nin indicacións para abrir e pechar portas de castelos imaxinarios! Como xogar a un novo xogo… e saltar á primeira paisaxe!”

O espectáculo evoca a amizade, as separacións, a necesidade de coñecemento e a aventura de medrar desde a igualdade, rompendo os arquetipos de xénero.

As imaxes suxeridas polo texto, a evocación da música e a axilidade do xogo físico crean un universo cómico e poético que viaxa dende a fantasía ata o nacemento da curiosidade humana.

Nun misterioso CUBO, dúas persoas moi diferentes son quen de vivir en harmonía. Ela é curiosa e decidida, el é tenro e vulnerable. Xogan, divírtense e rin, pero un día ela decide ir máis aló, quere viaxar en busca de novas preguntas e descubrir o mundo enteiro. El está contento coas súas respostas, séntese cómodo, seguro, e non quere máis que balancearse eternamente no bambán do seu CUBO. Sempre conseguiron poñerse de acordo pero esta vez semella moi complicado. Que solución atoparán?

A estrutura escenográfica ten 2 metros de lado e as súas caras ábrense, péchanse, móntanse e desmóntanse. A figura xeométrica de 8m3 é incriblemente sólida para soportar os corpos dos intérpretes e maxicamente lixeira para erguerse e xirar polo escenario como un enorme xoguete de madeira.

Creación Gonçalo Guerreiro Texto Tiago Alves Costa Dirección artística e interpretación María Torres e Gonçalo Guerreiro Dirección de actores Pablo Sánchez Escenografía Gonçalo Guerreiro Composición musical Manuel Fonte e Miguel Paz Vestiario, Atrezzo e Deseño Gráfico Carolina Díguele Iluminación Nacho Martín Estrutura escenográfica Carolo Losada

Elefante Elegante
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.