DoNoDoNaDa

+3 años

DoNoDoNaDa é un espectáculo destinado ao público infantil e familiar. É unha parábola sen palabras onde os xestos e os movementos non precisan do texto para facerse entender. A música ten unha importancia fundamental porque acompaña constantemente as accións, enfatiza as intencións e modula as emocións.

Hai persoas que son donas de moito e outras que son donas de nada. Está claro que isto é pura obra do acaso, porque as donas de todo poderían ter nacido donas de pouco e ser donas de moito as que naceron donas de case nada.A ver se nos entendemos. O mundo dá voltas, reviravoltas, chimpos e pinchacarneiros e ficamos todas patas arriba. Se tan rápido a vida pasa porque será que a xente pasa a vida a querer ter moito cando finalmente non é preciso case nada?


Donodonada revela con humor e ironía que os seres humanos perden demasiado tempo loitando para gañar e esquécense completamente que o que é realmente xenial… é xogar.

Produción Companhia Certa Creación e dirección Gonçalo Guerreiro Elenco Eduardo Faria, Joana Luna e Joana Soares Música Paulo Lemos Escenografía Gonçalo Guerreiro Vestiario Gonçalo Guerreiro e Joana Soares Deseño de Iluminación Gonçalo Guerreiro e José Raposo Asistente de escenografía Hugo Carvalho Xastrería Adélia Agra Fotografía José Carlos Marques

Elefante Elegante
Resumo de privacidade

Esta web usa cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves á nosa web e axudar ao noso equipo a entender que seccións da web che resultan máis interesantes e útiles.