Dreaming Juliet
Premio María Casares mellor vestiario 2021
DREAMING JULIET inspírase en “Romeo e Xulieta” de William Shakespeare para abordar a cuestión máis esencial da existencia humana: O Amor.
Cunha linguaxe visual asentada no teatro de movemento, na música interpretada en directo e na danza, DREAMING JULIET crea unha poética universal da paixón.
Na peza orixinal os protagonistas viven un amor prohibido e idealizado, condenado polas familias de ambos. A súa intensa relación ten unha curta duración e un funesto final. Mais imaxinemos que Romeo e Xulieta non tivesen morrido e que o principal obstáculo á súa relación non fose a oposición das súas familias senón as adversidades das rutinas do mundo contemporáneo.
Cales serían os soños de Xulieta? Como envellecería Romeo? Que lugar nas suas vidas ficaría disponibel para o amor?
Creación e escenografía Gonçalo Guerreiro Dirección artística María Torres e Gonçalo Guerreiro Dirección de actores Pablo Sánchez Elenco María Torres, Gonçalo Guerreiro, Marta Alonso, Nacho Martín e Miguel Paz Estructura escenográfica Carolo Losada Musica orixinal Miguel Paz (percusións, teclados e acordeón), Gonçalo Guerreiro (guitarra e voz) e Nacho Martín (contrabaixo) Textos William Shakespeare, María Torres e Fernando Pessoa Tradución María Torres Vestiario Diego Valeiras Iluminación Germán Gundín Atrezo e Deseño Gráfico Carolina Díguele