KASSA

Premio María Casares mellor escenografía 2015

KASSA é un espectáculo de teatro visual inspirado en “A Metamorfose” de Franz Kafka que se desenvolve ao redor dos principios da escultura. A estructura escenográfica, os actores, os bailaríns e as videoproxeccións constituen un organismo vivo en constante movemento e transformación que comunica a través dos sons, dos obxectos, das cores, das formas, das luces e dos textos.

Técnicas como o Video-mapping, a capacidade de xiro da estructura escenográfica e o uso do “live cinema” dotan a KASSA dun dinamismo espacial moi estimulante que envolve o espectador na emoción da acción.

KASSA reflexa a temática da vivenda. No inicio da acción a sociedade é seductora, próspera e optimista. A casa, coma un agasallo envolto en papel colorido, representa a realización do soño, da unión e da felicidade familiar. Pero un día esgótanse os recursos económicos colectivos e a familia deixa de poder pagar as prestacións do seu soño. Que sorpresas lles reservará o futuro?

Creación y dirección  María Torres y Gonçalo Guerreiro Interpretación Alfredo Muíño/Pablo Reboleiro, Gonçalo Guerreiro, María Torres, Marta Alonso, Javier Pérez Movimiento Alfredo Muíño Escenografía Carolo Losada Soto Música  Mano Panforreteiro, Mónica de Nut, Suso Alonso, Iria Pinheiro, Juanma Ons, Manuel Ares, Kibitka, Carlos Suárez, Dani Pais, Gonçalo Guerreiro Coreografías Ánxela Blanco Vestuario  Marcia Edletitsch Iluminación y videocreación  Dani Pais Diseño de interior Susana Castro

Elefante Elegante
Resumo de privacidade

Esta web usa cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves á nosa web e axudar ao noso equipo a entender que seccións da web che resultan máis interesantes e útiles.