Kyoki

+5 años

KYOKI é un espectáculo sen palabras destinado ao público infantil e familiar que aborda a temática do esquecemento, da vellez e da soidade. KYOKI significa “demencia” en xaponés e refírese a unha alteración da capacidade para recordar, pensar ou tomar decisións. É certo que adoita aparecer en persoas de idade avanzada, mais… Quen nunca esqueceu onde colocou a caixa das galletas? Ou por distracción vestiu o xersei do revés?

KYOKI é unha ollada cómplice, reflexiva e sensible ás experiencias que viven tanto as persoas que precisan ser coidadas como as propias coidadoras. A familia, as institucións médicas e as institucións sociais están presentes nos tres personaxes interpretados pola actriz protagonista: a avóa, a súa filla e a doutora.

A través dunha linguaxe xestual fundamentada na manipulación de obxectos e na interacción constante co dispositivo escénico, o espectáculo crea un universo cómico e poético que viaxa do realismo á hipérbole da vida cotiá.

O xogo teatral baséase no traballo plástico da corporalidade da intérprete e nunha rigurosa sintonía dos xestos coa música instrumental orixinal, definindo unha secuencia dramatúrxica na que a imaxe toma un total protagonismo. A posta en escena fundaméntase deste modo na dinámica pictórica da organización do espazo teatral e na narrativa das propias accións físicas que reflexan desexos, sentimentos e tódolos estados dramáticos definidos.

Creación María Torres e Gonçalo Guerreiro Dirección de escena e escenografía Gonçalo Guerreiro Interpretación María Torres Manipulación de obxectosMario Rodríguez Vestiario e Atrezzo  Carolina Díguele Composición musical Manuel Fonte Iluminación Nacho Martín Producción de arte e deseño gráficoCarolina Díguele Fotografía Vanessa Rábade

Elefante Elegante
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.