Nuncabunga

+3 años

Premio María Casares Mellor espectáculo 2013

Nuncabunga é un espectáculo cómico e poético sen palabras. A acción desenvólvese nun espazo que evoca a proximidade co mar. Alí vive unha muller que nun recuncho construíu o seu fogar. Un día de tempestade aparece un estraño entalado nunhas redes, coma un refugallo máis, daqueles que o mar bota fóra. Non ten casa nin comida mais está decidido a quedar naquel lugar. Serán eles capaces de chegar a un acordo?

(…) esta comedia sen palabras garda baixo a naturalidade da súa proposta unha precisión para contar unha historia na que, en máis dun sentido, están asumidas circunstancias de todos os días. O que se conta como un xogo de illas que van agrandándose ou reducíndose segundo vai a relación dos protagonistas explica sen miramentos o que moitos discursos políticos non transmiten e o que moitas ordes ministeriais disimulan. (…) Está contado baixo os movementos dos pallasos e as actitudes pícaras. Están presentes as complicacións do mundo e tamén as solucións que os adultos non sempre queremos ver. Todo está aí, pero non o parece. Esa é unha das grandes virtudes do espectáculo porque, ao cabo, o que necesitan as historias importantes dos seres humanos é encontrar alguén que as conte de maneira sinxela. E se se lle pode poñer un final feliz, aínda mellor. Camilo Franco in “La Voz de Galicia”, Fugas. Páx. 4, 5 abril 2013.

Autoría, Dirección e Interpretación María Torres y Gonçalo Guerreiro Dirección de Movimiento Alfredo Muíño Música Mano Panforreteiro Escenografía Gonçalo Guerreiro Vestuario y atrezo María Chenut Iluminación y Diseño Gráfico Dani Pais

Elefante Elegante
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.