PATAPATUM

+3 años

 Premio María Casares mellor espectáculo Infantil 2019

Sorpresa! E outra máis! E moitas máis! Unha montaña de agasallos! Grandes, pequenos, lixeiros, pesados, azuis, verdes, laranxas, cadrados e redondos! Agasallos de tódalas formas e mesuras, pero sempre divertidos. Os máis pequenos emocionados non dan feito entre tanto xoguete. Pero os maiores, atados pola espiral do tempo con compromisos e obrigas, non son quen de facer un oco na súa apretada axenda para compartir a fantasía cos máis pequenos.

PATAPATÚM é a nosa reflexión sobre o tempo, a crianza e como enchemos os baleiros das nosas ausencias. Cunha banda sonora inspirada na musica dixieland, a máscara e o xogo físico propician un universo cómico que viaxa desde o realismo ata a hipérbole da nosa vida cotidiana. PATAPATÚM é un espectáculo de teatro visual sen palabras.

Creación e Dirección María Torres e Gonçalo Guerreiro Dirección de actores Pablo Sánchez Dramaturxia María Torres, Gonçalo Guerreiro e Pablo Sánchez Elenco Gonçalo Guerreiro, Lucía Sá e María Torres Máscaras María Torres Espazo escénico Gonçalo Guerreiro Vestiario  Beatriz Clara Música Gueorgui Oganesian, Alberto Grela e Miguel Paz Colaboración Musical Vanessa Rivas Iluminación Nacho Martín Deseño Gráfico Alba Farto

Elefante Elegante
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.