Tristan

TRISTAN é unha comedia xestual interpretada ao estilo dos debuxos animados onde as palabras se transforman en xestos. Os personaxes falan unha lingua inventada que é inmediatamente descifrada polo público e a música acompaña o ritmo dinámico da acción.

Os temas da soidade, do abandono e da tristura son tratados dende unha perspectiva cómica e inxenua de xeito a interpelar aos máis pequenos.

O espectáculo conta a historia de Tristán. Un día, de tan triste que estaba decidiu arrancar o seu corazón para nunca máis sofrer e deullo a un paxaro que pasaba por alí. Mais as cousas non lle sairon como el esperaba. Tristán non deixou de sofrer, e o que foi peor, nunca máis un sorriso, por pequeno que fose, se debuxou nos seus beizos. A partir daquel día pasaron a chamarlle Tristán cara de can. Pero a historia non remata asi… Dentro dunha misteriosa caixa aparece unha boneca de trapo que vai tentalo todo para facer rir ao noso personaxe. Será ela capaz?

Creación, dirección e interpretación María Torres e Gonçalo Guerreiro Escenografía Caroline de Chaunac Iluminación Germán Gundín Marioneta Tabo Ayala

Elefante Elegante
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.