TROPICAL

TROPICAL mergulla no universo da viaxe e na súa vasta riqueza de matices e dimensións. Un navío habitado por viaxeiros con destinos cruzados. Turistas, migrantes, músicos e refuxiados protexidos por unha vixiante e dilixente tripulación. Do norte ao sur nun cruceiro sedutor e do sur ao norte fuxindo da fame e da destrución.

Desde a ironía e o absurdo, TROPICAL reflicte situacións que se están a producir non moi lonxe do noso recuncho de calma e tranquilidade.

En terra, paisaxes de guerras e muros. No mar, infinitas historias, desexos e soños.

Cunha linguaxe visual asentada na imaxe, no movemento, na música e na danza, TROPICAL é a procura da poética da viaxe desde unha Europa que naufraga no Mediterráneo.

Autoría e Dirección María Torres e Gonçalo Guerreiro Asesoramento Antropolóxico Carlos Díz Interpretación  Ánxela Blanco, Alfredo Muíño, Marta Alonso / Alba Cotelo, Gonçalo Guerreiro e María Torres Vestiario Beatriz Clara Música Gonçalo Guerreiro, Antonio Romero, Rosalía Vázquez, Richi Casás, Iago Blanco, Kibitka, Juanma Ons e Manuel Ares Textos María Torres e Carlos Díz Deseño de Iluminación e Sonoplastia Dani Pais Atrezo Anahí Taraburelli Deseño gráfico Alba Farto

Elefante Elegante
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.