UN HOTEL DE PRIMEIRA SOBRE O RÍO

Un espectáculo do Centro Dramático Galego

A especulación urbanística, a depredación do medio natural ou o desarraigamento son algúns dos temas arredor dos que xira Un hotel de primeira sobre o río, que desprega en tres actos a historia de Ruth, que vive e traballa nun val afectado por un proxecto urbanístico para construír un hotel cunha área recreativa.

O espectáculo narra a presión exercida sobre a protagonista para que renuncie ás súas terras, á súa casa, á súa historia e ás súas raíces, evocando de xeito onírico e simbólico a dualidade entre a realidade e as fantasías da súa imaxinación.
Un hotel de primeira sobre o río é o resultado do diálogo do texto orixinal co teatro de movemento, a danza, a música e as artes visuais. Cunha coidada composición estética e unha rigorosa investigación sobre xestos e imaxes, a peza convídanos a abordar diferentes xeitos de vivir no ámbito rural e a cuestionar a xestión dos recursos naturais.

Produción Centro Dramático Galego Texto Xohana Torres Dirección e dramaturxia Gonçalo Guerreiro e María Torres Elenco Iván Davila, Raquel Espada, Sofía Espiñeira, Nicolás Otero, Merche Pérez, Pablo Sánchez e Lidia Veiga Textos complementarios María Torres Escenografía Gonçalo Guerreiro Vestiario e produción de arte Carolina Díguele Composición musical Manuel Fonte Loureiro Iluminación Nacho Martín

Elefante Elegante
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.