O Forno

+8

O FORNO é un espectáculo musical de Commedia dell’Arte sobre a sociedade de consumo contemporanea. O FORNO convida a reflexionar sobre a forma como estamos vivindo en sociedade, como estamos empregando os recursos naturais e o destino que lles reservamos neste inicio do século XXI. Abordamos a temática do texto a través do riso, do xesto e da música en directo, nun espectáculo inspirado na inxenuidade da Commedia dell’Arte e no burlesco brechtiano.

Na aldea de Flordelís todo é harmonía. Os habitantes do pobo reúnense ao redor do forno para amasar e cocer un gran pan que será compartido por todos. Mais un día, Madame Lisette, a comerciante, ten a idea de facer un pan só para ela… e por riba con azucre! A reacción vai en cadea e as consequencias son catastroficamente divertidas. Mais como nen só de pan vive o home, a historia ven aderezada con moito amor. Avelino namorisca a Rosa, a panadeira e a outros niveis menos inocentes, o Barón non se cansa de buscar interesadamente os brazos de Madame Lisete. Os tempos pracenteiros e a vida comunitaria do inicio da acción aceléranse e os personaxes tornánse cada vez máis individualistas. A música belga da Valonia acompaña as súas ansias consumistas, ata un punto no que a acción avanza a unha velocidade tan vertixinosa que só quedan dúas posibilidades: parar ou rebentar.

Autores Dominique Bayens, Miguel Camino, María Torres e Gonçalo Guerreiro Dirección María Torres e Gonçalo Guerreiro Creación e Interpretación Pablo Sánchez / Fran Lareu, Gonçalo Guerreiro, María Torres, Mónica Varela /Lucía Sánchez Música Alex Fente Escenografía Miguel Camino e Gonçalo Guerreiro Vestiario e atrezo María Chenut Iluminación Germán Gundín / Dani Pais Son Dani Pais Máscaras María Torres

Elefante Elegante
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.