Gonçalo Guerreiro

Elefante Elegante


O Elefante Elegante nace do desexo de desenvolver unha linguaxe plástica, poética e universal que non dependa exclusivamente do texto e que permita indagar temáticas de carácter social e existencial. As súas creacións xurden do diálogo do teatro físico coa a danza, a música e as artes visuais. Os espectáculos do Elefante Elegante están baseados na relación do corpo co espazo e reflexan unha rigorosa investigación de xestos, movementos e imaxes.

O xogo teatral baséase no traballo plástico dos intérpretes e na súa constante interacción cos elementos escenográficos. A narrativa das accións físicas varia entre a abstracción do movemento bailado e a construcción da trama teatral. O corpo contén en si mesmo todos os segredos e revelacións dunha posta en escena que se fundamenta na organicidade do dispositivo escénico e na dinámica pictórica da organización do espazo sonoro e literario.

A compañía foi fundada por María Torres e Gonçalo Guerreiro no ano 2000 e residiu os primeiros anos na Bélxica ata instalarse en Galicia en 2007. O grupo comezou como un proxecto experimental do que facían parte actrices e actores de diferentes paises europeos. En escena, cada intérprete falaba a súa propia lingua. Ese foi o motor para iniciar a sua práctica en torno do xogo corporal.

Actualmente ten a súa sede no Concello de Culleredo (Coruña) onde é compañía residente. Os seus espectáculos teñen sido recoñecidos con varios premios María Casares desde 2013.

Festivais


Dferia – Donostia

MADferia – Madrid

Festival Allequino d‘Oro – Festival de Teatro de Europa, Mántova – Italia

Festival i! Águeda – Portugal

MIT – Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia

Licht Blicke Festival, Nuremberg – Alemania

Festival É-Aqui-in-Ócio, Póvoa de Varzim – Portugal

Domingos no Principal – Pontevedra

Festival Internacional de Teatro de Badajoz

Galicia Escena Pro – Santiago de Compostela

Festival Internacional de Máscaras e Comediantes de Lisboa – Portugal

FITO – Festival Internacional de Teatro de Ourense

Festival Internacional de Teatro Cómico da Maia – Portugal

FIET – Feria de Teatro Infantil y Juvenil de las Islas Baleares

CEN – Camino Escena Norte en Xixón, Santander e Eibar

Novos Ventos – Festival de Teatro Comunitário, Leiria  – Portugal

MOTI – Mostra de Teatro Infantil de Ourense

Feria Mediterrânica de Tavira – Portugal

Festival Lua Cheia, Arte na Aleia – Vila Real – Portugal

Feira Ibérica de Teatro Fundão – Portugal

Mostra Internacional de Artes Sementes – Almada – Portugal

Festival de Teatro de Rúa Festiteatro – Esposende -Portugal

Festival Teatralia – Madrid

Festival Internacional de Teatro de Manizales – Manizales (Colombia) – Co Patrocinio da Xunta de Galicia

Festival Internacional de Teatro e Música COMFAMA San Ignacio – Medellín (Colombia) – Co Patrocinio da Xunta de Galicia

 

 

Gonçalo Guerreiro

Colaboradores


GAËTAN D'AGOSTINO actor, JULIE ANTOINE actriz, MARC PUJOL actor, TOMÁS AGUT actor, PASCAL POINTET actor, ANAÏS DELMAS actriz, CAROLINE GIRAUD actriz, FRANZISCA TSCHANNEN actriz, GERMÁN GUNDÍN iluminación, TABO AYALA monicreques, FABIANA GASTALDELLO bailarina, DIANA SIEIRA produción e distribución, BEATRIZ RODRIGUEZ deseño gráfico, ALFREDO PÉREZ MUÍÑO actor, PABLO SÁNCHEZ director de actores e actor, IAGO POUSA técnico de escena, ALEX FENTE músico, MÓNICA VARELA actriz, LUCÍA SÁ actriz, FRAN LAREU actor, DANI MELENDREZ músico, AFONSO CASTRO iluminación, SERXIO NUÑEZ músico, DAVID LOIRA bailarín, IVÁN MARCOS actor, INACIO VILARIÑO actor, MARÍA CHENUT deseño de vestiario, NURIA SOTELO bailarina, MASAKO HATTORI video, ANXELA BLANCO bailarina, OCTAVIO MAS iluminación, MANO PANFORRETEIRO composición musical, DANI PAIS iluminación, video, música e deseño gráfico, IRIA PINHEIRO actriz, produción, distribución e música, MARCIA EDLEDITSCH deseño de vestiario, VICTORIA PÉREZ actriz, LUCÍA GARCÍA artista plástica, JAVIER PÉREZ PIÑÓN técnico de escena, MARTA ALONSO TEJADA bailarina, AGUSTÍN BOLAÑOS actor, produción e distribución, SUSO ALONSO músico, MÓNICA DE NUT música, PABLO REBOLEIRO actor, CARLOS SUÁREZ música, KUKAS monicreques, ALBA FERNÁNDEZ COTELO bailarina, ANAHÍ TARABURELLI atrezzo, ANTONIO ROMERO músico, ROSALÍA VÁZQUEZ música, ALBA FARTO deseño gráfico, BEATRIZ CLARA deseño vestiario, IAGO BLANCO músico, CARLOS DIZ asesoramento antropolóxico, JUANMA ONS músico, RICHI CASÁS músico, CAROLO LOSADA estructuras escenográficas, KIBITKA músicos, MANUEL ARES músico, NACHO MARTÍN iluminación, músico e actor, GEORGY OGANESIAN dirección músical e músico, ALBERTO GRELA músico, MIGUEL PAZ composición musical e músico, CHECHU ALONSO técnico de iluminación, CAROL DÍGUELE produción artística, vestiario, atrezzo e deseño gráfico, DIEGO VALEIRAS deseño de vestiario, MANUEL FONTE composición musical e técnico de escena, TIAGO ALVES COSTA texto, LILIAN PORTELA produción e distribución, ÁNGEL SOUSA técnico de iluminación, BORJA GOROZARRI  carpinteria de escena, MARÍA LADO poeta, JULIA LAPORT bailarina, SOFÍA ESPIÑEIRA actriz, MARIO RODRIGUEZ técnico de escena e actor, SABELA DOMÍNGUEZ coreógrafa, ANTÍA FERRER máscaras, RAQUEL CRESPO actriz, NANDO RIVAS actor, LEO BERNUY carpinteiro de escena, LEO HEROSA carpinteiro de escena, XURXO PRIETO produción e distribución, LAURA DUARTE produción e comunicación, ELOI GARCÍA bailarín