Nuncabunga

+3

Premio María Casares Mellor espectáculo 2013

Nuncabunga é un espectáculo cómico e poético sen palabras. A acción desenvólvese nun espazo que evoca a proximidade co mar. Alí vive unha muller que nun recuncho construíu o seu fogar. Un día de tempestade aparece un estraño entalado nunhas redes, coma un refugallo máis, daqueles que o mar bota fóra. Non ten casa nin comida mais está decidido a quedar naquel lugar. Serán eles capaces de chegar a un acordo?

(…) esta comedia sen palabras garda baixo a naturalidade da súa proposta unha precisión para contar unha historia na que, en máis dun sentido, están asumidas circunstancias de todos os días. O que se conta como un xogo de illas que van agrandándose ou reducíndose segundo vai a relación dos protagonistas explica sen miramentos o que moitos discursos políticos non transmiten e o que moitas ordes ministeriais disimulan. (…) Está contado baixo os movementos dos pallasos e as actitudes pícaras. Están presentes as complicacións do mundo e tamén as solucións que os adultos non sempre queremos ver. Todo está aí, pero non o parece. Esa é unha das grandes virtudes do espectáculo porque, ao cabo, o que necesitan as historias importantes dos seres humanos é encontrar alguén que as conte de maneira sinxela. E se se lle pode poñer un final feliz, aínda mellor. Camilo Franco in “La Voz de Galicia”, Fugas. Páx. 4, 5 abril 2013

Creación, dirección e interpretación María Torres e Gonçalo Guerreiro Movemento Alfredo Muíño Música Mano Panforreteiro Escenografía Gonçalo Guerreiro Vestiario e atrezo María Chenut Iluminación e deseño gráfico Dani Pais