Iliria

“Unha máxica unión de talento  europeo desde Italia, Portugal e Galicia. ILIRIA nace da imaxinación de Shakespeare, pero cobra vida nos movementos, nas voces e no humor da compañía do Elefante Elegante. A obra engánchanos desde o comezo coa súa beleza visual e de movementos.” Marcial Blanco in www.manicomicos.org (12/03/08, V Festival Manicomicos, A Coruña)

Na illa de Iliria o Duque Orsino morre de amores por Olivia, pero a pesar das románticas cancións portuguesas que lle adica, o seu amor non é correspondido. Ao mesmo tempo, dous irmáns xemelgos, Violeta e Sebastián, naufragan na costa de Iliria. Violeta vese obrigada a disfrazarse de home coas roupas do irmán para poder sobrevivir nun país estranxeiro. Pero Sebastián tamén se salvou, e sen saber un do feliz destino do outro, acaban por crear os máis divertidos equívocos amorosos.

ILIRIA é unha comedia de enredo creada a partir da peza “Noite de Reis” de W. Shakespeare. O texto fusiónase co movemento, coa música e coa acrobacia en tecido aéreo creando un fondo plástico e poético onde se desenvolve a trama cómica da peza. ILIRIA fala da identidade do home e da muller, questionando o que somos e o que parecemos. Os personaxes pérdense nunha tea de cambios de personalidade que os leva a poñer en causa a su propia identidade. ILIRIA trata da facilidade coa que amamos e deixamos de amar.

Texto William Shakespeare Tradución Miguel Pérez Romero Dirección Fabiana Gastaldello, Fredi Muíño, Gonçalo Guerreiro, María Torres Dramaturxia Fabiana Gastaldello, Gonçalo Guerreiro Actores-bailaríns Fredi Muíño, Gonçalo Guerreiro, María Torres, Fabiana Gastaldello / Iria Pinheiro Vestiario María Chenut Iluminación Germán Gundín